Mostrando entradas con la etiqueta Maitane D. U.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maitane D. U.. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de mayo de 2010

A ximnasia deportiva



A ximnasia deportiva consiste dunha coreografía combinando a alta velocidade e movementos corporais. Algúns dos exercicios máis comúns da ximnasia deportiva son:

Voltereta cara adiante: consiste en dar unha volta no chan, aire ou auga enroscando o corpo cara os xeonllos. Para facer unha voltereta cara adiante hai que seguir estes pasos:
1- Posicionarse anicado fronte a unha conchoneta e coa a cabeza cara abaixo, co queixo tocando no esterno.
2- Impulsarse coas pernas cara diante e rodar axudándose das mans.
3-
Por último, debemos acabar de pé.Axuda: O axudante debe sosterlle a cara abaixo a cabeza ao que vai executar a voltereta e , con outra man nas pernas, así pode axudalo a rodar.

Votereta cara Atrás: consiste en dar unha volta sobre unha superficie, enroscando o corpo cara os xeonllos e comezando de costas á coplchoneta . Para facer unha voltereta cara atrás hai que seguir estes pasos:

1- Posicionarse anicado de costas á conchoneta e co queixo pegado ao peito.
2- Impulsarse coas pernas cara atrás e rodar axudándose das mans.

3-
Por último, debemos acabar de pé.Axuda: O axudante debe sosterlle a cara abaixo a cabeza ao que vai executar a voltereta e , con outra man nas pernas, así pode axudalo a rodar.

Pino: consiste en sorterse co corpo recto e as pernas estiradas sobre as mans nunha posición en equilibrio.

1-Apoiar as mans no chan.
2-Impulsar as pernas cara arriba.
3-Intentar manter o equilibrio o máximo posible.
4-Cair dobrando dobrando a cintura cara atrás. Axuda: Cando a persoa que intenta facer o pino ti poslle a man onde vaian quedar arriba as pernas de dita persoa para suxeitarllas coa man.E cando queira levas o brazo a vez que as pernas del/a e intentas que a caída non sexa brusca.

Voltereta lateral: consiste en en rodar alternando as man coas pernase de lado.

1-Porñer a mesma man coa perna de diante.
2-Impulsarse coa perna de atrás e apoiar a outra man no chan.
3-Apoiar a perna que se atopa máis preto do chan.

Axuda: que unha persoa se situe detrás da que está facendo a voltereta e que te agarre da cintura

Ponte: consiste en poñerse boca arriba nunha posición curva suxeitándote coas mans e coas pernas.

1-Tumbarse no chan poca arriba.
2- Cos brazos cara atrás apoiar as palmas das mans.
3- Agora elevar o corpo sobre as mans e sobre os pés.
Axuda: suxeitarlle as costas á persoa que está facendo a ponte.

Flic Flac:consiste en facer como varias pontes encadeadas dando un pequeno impulso entre cada unha.

1-Facer a ponte dende arriba.
2-impulsar as pernas cara a túa cabeza.
3-Intentar caír de pé e repetir o mesmo varias veces.


Axuda:Cando esté a persoa estea facendo a ponte impulsarlle as costas cara atrás.

Rondada:Consiste en facer a voltereta lateral e, antes de caír dar un xiro e caír de pé e de frente.

1-Porñer a mesma man coa perna de diante.
2-Impulsarse coa perna de atrás e antes de apoiar a outra man no chan, dar un xiro de 90º.
3-Apoiar a perna que se atopa máis preto do chan.

Axuda:que unha persoa se situe detrás da que está facendo a voltereta e que te agarre da cintura e axudalo a xirar antes de caír.

Quinta: é como facer unha voltereta cara atrás pero, no momento no que as costas tocan o chan, hai que estirar as pernas cara arriba cun certo impulso e facer o pino.

1-Apoiar as mans no chan.
2-Facer unha voltereta para atrás pero, cando as costas tocan o chan levantar rectas as pernas cara arriba con impulso.
3-Co impulso das pernas, facer o pino.
4-Intentar caír o máis suavemente posible.


Axuda: Cand0 a perso levante un pouco as pernas, tirarlle un pouco delas cara arriba dándolle impulso.

Mortal para adiante:consiste en facer unha voltereta cara adiante no aire.

1-Saltar cara arriba e adiante.
2-Facer unha voltereta cara adiante coa cabeza pegada ao peito.
3-Caír de pé.


Axuda: Darlle impulso á persoa a persoa que está facendo a mortal.

Mortal para atrás:consiste en facer unha voltereta cara atrás no aire.

1-Saltar cara arriba e atrás.
2-Facer unha voltereta cara atrás coa cabeza pegada ao peito.
3-Caír de pé.



Axuda: Darlle impulso á persoa a persoa que está facendo a mortal.


M.D.U.

miércoles, 28 de abril de 2010

Expresión Corporal

A expresión corporal é unha liguaxe que serve para comunicarse, facilitar a aprendizaxe e relacionarse. Hai catro tipos:

Emblema: É o xesto que nos interpretamos
Reguladores: Son xestos de gran importancia na comunicación.
Ilustradores: Son xestos que están estreitamente ligados á comunicación verbal.
Adaptadores: Son xestos que usamos para comtrolar os nosos sentimentos en certas situacións.


M.D.U

domingo, 17 de enero de 2010

Normas Básicas do Voleibol

Voleibol

1) Cada equipo só pode ter un máximo de 12 xogadores e só 6 poden estar no campo.

2) O equipo ten que evitar que o balón toque o chan pois, neste caso, será punto do equipo contrario.

3)
Non se pode agarrar o balón porque será falta; só se colle para sacar.

4) A pelota debe ser lanzada ao equipo contrario por riba da rede.


5) Cada equipo dispón de tres toques para enviar a pelota ao campo contrario sen contar co toque de bloqueo.

6)
Está estipulado no regramento que só se pode golpear o balón coas partes do corpo de cintura cara arriba.
<----


7) Hai que golpear o balón, non empuxalo nin conducilo xa que será falta se se fai.

8) Para que sexa punto a pelota ten que caír dentro dos límites do campo contr
ario.

9) O equipo debe rotar no sentido das agullas do reloxo cada vez que marque punto; senón será falta. --->

10) Tamén será falta se se entra no campo contrario.

11) Se un xogador comete dçuas veces a mesma acción considérase dobre falta.

12
) Ao inicio do partido, elixirase que equipo saca mediante sorteo, lanzando unha moeda ao aire no típico "cara ou cruz".

13) Nun partido de voleibol hai 4 ou 5 sets.

14
) Gáñase un set ao chegar a 25 puntos.

15
) O un equipo gaña ao partido ao gañar 3 sets.


Partido de Voleibol:



Fontes de información:

http://es.wikipedia.org/wiki/Voleibol

http://html.rincondelvago.com/reglas-basicas-para-jugar-al-voleibol.html








domingo, 15 de noviembre de 2009

O TAEKWONDO

Unha breve presentación sobre un deporte moderno e espectacular. Que vos parece o meu deporte favorito???
O TaekwondoMaitane D. U.